Feeds RSS
Feeds RSS

martes, 23 de mayo de 2017

HOMENAXE A CARLOS CASARES


Este curso profes e alumnos adicamos moito tempo en coñecer e desfrutar as obras de Carlos Casares Mouriño, autor homenaxeado nas Letras Galegas 2017. 
Aquí están algunhas das actividades realizadas:

TELEXORNAL CARLOS CASARES
Os alumnos de 6º de primaria, convértense nuns reporteiros e nos relatan
 as "Novas de Carlos Casares e a súa Galiña Azul"


Pincha na seguinte ligazón: https://youtu.be/edTXhgN-S8o



Obra de teatro: A GALIÑA AZUL( alumnos de 5º e 6º de E. Primaria)





A profe de plástica, xunto cos alumnos de 1º,2º e 3º de primaria, fixeron esta montaxe.


Os maiores, deseñaron as súas "Galiñas Azuis"





Desfrutamos da función "A MAXIA DE CARLOS CASARES", convidados pola Biblioteca Municipal do noso concello, Vilar de Barrio.



O día 18 de maio, adicamos a XOGAR con CARLOS CASARES. O alumnado de todo o colexio participou nun circuito de xogos-obradoiros relacionados co autor. Desde a lectura dos seus contos, pasando por un xogo elaborado con SCRATCH, outro recuncho de ESCORNABOT, deseño de caricaturas do autor homenaxeado e creación da "formiga esquiadora", protagonista dun dos seus contos. Tamén fixemos parte da U.D. que mandou a Consellería, coa utilización de tablets. 











Se queres ver máis, visita os enlaces da páxina do cole: 



PROXECTO ESCONABOT NA BIBLIOTECA

Ola amigos: Temos moi boas noticias!! O noso centro foi seleccionado para participar no PROXECTO ESCORNABOT NA BIBLIOTECA. Comeza unha nova aventura na nosa biblioteca.
Estade atentos...





martes, 18 de abril de 2017

SEMANA DO DÍA DO LIBRO

PARTICIPA NA NOSA SEMANA DO LIBRO
 (24-28 DE ABRIL)





Ola Familias! Estamos a celebrar a nosa Semana do Libro.
Achégate e comparte con nós unha lectura ó "Aire Libre".
Recorda que o venres, 28 de abril, faremos o préstamo de libros.
Saúdos.
Recuncho de libros

Hora de Ler







RECORDA QUE PODES VER ESTAS E MOITAS ACTIVIDADES MÁIS NA WEB DO CENTRO:

                        http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipvilarbarrio/


jueves, 9 de marzo de 2017

8 de marzo, Día da MULLER




8 DE MARZO, DÍA DA MULLER





Día de San Valentín

O martes, 14 de febreiro, celebramos o día de San Valentín.
 Todos puidemos desfrutar da lectura duns contos coas nosas encargadas da Biblioteca.



Ademais, esa tarde boloboretas mensaxeiras revolotearon pola nosa escola.
 Cada unha, coa súa mensaxe de Amor.

martes, 7 de febrero de 2017

O ARTE DA PAZ

O pasado día 30 de xaneiro aproveitamos a celabración do Día da Paz, para reflexionar sobre qué é a PAZ. Seguro que todos nalgún momemto, nos preguntamos que significa a palabra PAZ. Senon é así, é o momento de facelo.É  importante  que reflexionemos que nós tamén podemos aportar o noso gran de area para construir a PAZ, respetándonos, axudándonos, colaborando xuntos, decindo unha palabra amable a quen temos cerca, …TRABALLEMOS TODOS OS DÍAS PARA CONSTRUIR A PAZ.
Visionamos un video titulado  Un mismo sol para todos coa idea de falar sobre os Refuxiados e crear un debate cos nosos alumnos de Primaria.  Despois, a nosas encargadas da Biblioteca léronnos un conto e, entre todos, creamos o noso Cartel sobre O ARTE DA PAZ: A semana anterior cada alumno preparou a súa obra imitando a pintores como Kandinski, Miró, ...Cada un fixo a súa versión a estilo libre, unha vez rematados todos os debuxos se meteron nunha caixa e cada neno foi sacando un que lle quedará de recordo. Pero antes deixáremolo na escola formando parte do noso Cartel de O arte e a PAZ.
 Este é o resultado.

FELICITACIÓN DE NADAL

Entre todos os alumn@s do colexio creamos unha árbore para felicitar a todos un
 BO NADAL! Pero esta árbore é "máxica",  si escaneas a súas extrañas boliñas cun teléfono ou tablet ( coa aplicación de Realidade Aumentada Christmas AR) te sorprenderás.