Feeds RSS
Feeds RSS

martes, 31 de mayo de 2011

Rimaraña

Poesías gañadoras do concurso "Rimaraña"

jueves, 5 de mayo de 2011

I CONCURSO RIMARAÑA

ATENCIÓN NENOS E NENAS DO CEIP VILAR DE BARRIO!
A araña Maraña convoca o I concurso RIMARAÑA,
Pasa pola biblioteca o venres se queres saber quen gaña.
Participa poeta ou poetisa,
e fainos morrer coa risa.

   Presenta as túas rimas e poesías ao teu titor ou titora,
                          Estamos seguros de que tes ideas que molan.
                    Tes que entregalas antes do 6 de maio,
                    E poderás gañar un fermoso agasallo.

Martes de conto

Hoxe, martes 1 de febreiro, na biblioteca
da ARAÑA MARAÑA, presentamos:
Contado por Óscar, Aldara e Nerea
E TAMÉN

Contado por ANA

Un martes de conto

Hoxe, martes 15 de febreiro, na biblioteca da ARAÑA MARAÑA presentamos:
CONTADO POR ÁNGEL
E TAMÉN
CONTADO POR Andrea, Mari e Lucía

jueves, 28 de abril de 2011

Día do libro 2010-2011

Actividades para conmemorar o Día do Libro:
-O pai dun alumno narrará lendas da zona ó alumnado.
-A nai dunha alumna lerá contos ós máis pequenos
-Elaboración de marcapáxinas. Todo o alumnado do centro participará nun obradoiro no que elaborarán marcapáxinas. A temática son os contos populares de maneira que decorarán o marcapáxinas con debuxos do conto que máis lles guste e co título do mesmo nos tres idiomas que traballamos no centro (galego, inglés e castelán). Para facilitar o labor teremos nas paredes da biblioteca dúas listas cos títulos dos contos máis coñecidos, unha en galego e a outra en inglés, eles terán que emparexalos para logo facer o marcapáxinas.
-Lectura colectiva do Quixote. Durante unha semana ó subir do recreo da tarde leremos cada día un capítulo do libro. Cada clase le un capítulo de forma colectiva entre todo o alumnado da mesma.

viernes, 15 de abril de 2011

Padriños lectores

Uha das actividades que máis lle gusta ó alumnado de 1º ciclo é cando os grandes lles len os seus contos preferidos. Nos recreos dos mércores é moi frecuente atoparse nos corredores a algún alumno/a preguntado se alguén viu ó seu padriño ou á súa madriña que neste caso é o alumnado de 3º ciclo.
Cada alumno/a de 3º ciclo ten apadriñado a un ou varios alumnos/as de 1º ciclo e  no recreo dos mércores xúntanse, van a biblioteca a elixir un conto para ler e logo buscan un recanto agradable e a disfrutar dese momento de lectura compartido.


viernes, 8 de abril de 2011

Biblioteca

A renovación da nosa biblioteca pasou por varias fases:
1- Valeirala, pintado de paredes e andeis.
2- Catalogar todos os nosos fondos no Meiga.
3- Elaboración de carnés para toda a comunidade educativa.
4- Abrila de novo e comezar a traballar ofrecendo actividades dinamizadoras.
Demos un gran paso cando conseguimos entrar a formar parte da rede de centros do "Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares" o que nos proporcionou ademais de unha importante achega económica, moitos ánimos para seguir traballando e afrontar este reto da dinamización da biblioteca escolar con moita ilusión.


martes, 1 de marzo de 2011

A Araña Maraña comeza a súa andadura polo ciberespazo!!


Benvidos a todo@s ó blog da Araña Maraña, lugar onde publicaremos as actividades realizadas na nosa biblioteca ó longo do curso. Esperamos que vos guste.