Feeds RSS
Feeds RSS

martes, 15 de noviembre de 2016

As nosas encargadas de Biblioteca

Aquí tedes o cartel que diseñamos coas nosas encargadas de Biblioteca. Grazas pola vosa colaboración!




A Araña Maraña está encantada coas súas encargadas, persoas comprometidas e coidadoras da nosa biblio. GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!!




martes, 8 de noviembre de 2016

Celebración de Samaín-Halloween

Desde a biblioteca a Araña Maraña, propúxonos unha actividade moi interesante para realizar durante a semana do Samaín. Colaborando co Proxecto que estamos a levar a cabo no noso centro sobre a RECICLAXE, a mascota da nosa biblioteca quixo elaborar un MONSTRO entre TODOS e con material de refugallo. Unha vez creado, escollimos un nome PLASTIDOCUS, proposto por Carlota, alumna de 6º de E. Primaria. E a partir deste personaxe, fixemos dous contos colaborativos. O resultado foi un éxito.Si queres coñecelo, ven a visitarnos!
Os máis pequenos, pintaron o seu monstro.

jueves, 3 de noviembre de 2016

MOCHILAS VIAXEIRAS

Ola familias!! As mochilas viaxeiras saíron do cole a visitar as vosas casas. Esperamos que disfrutedes da lectura cos vosos fillos. Un saúdo da Araña Maraña!

Padriños Lectores

O 24 de outubro, Día das Bibliotecas, dimos comezo a unhas das actividades máis esperadas polos nosos nenos, Os Padriños Lectores. A partir deste día, no recreo dos mércores, os maiores leerán un conto a un pequeno exercendo de padriño lector. Todos están moi ilusionados, non hai máis que velos...

lunes, 17 de octubre de 2016

Formación de usuarios


Na Biblioteca da Araña Maraña facemos
 formación de usuarios:




martes, 11 de octubre de 2016

INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA CURSO 2016-17

O pasado 15 de setembro, a Araña Maraña convidounos á apertura da Biblioteca do noso cole.
Xuntos celebramos o Día Internacional do Punto, proposta artística e homenaxe á creatividade gracias ó conto de Peter H. Reynolds títulado EL PUNTO.




Unha vez escoitado o conto, pintamos o "noso punto" e cunha tablet e a aplicación QUIVER de Realidade Aumentada, o noso punto puido verse en tres dimensións, botar, multiplicarse, ....

jueves, 16 de junio de 2016

ROBOTS NA BIBLIO

XOGO DO CAMIÑO DE SANTIAGO

O centro levou a cabo un pequeno proxecto do "Camiño de Santiago". Desde a Biblioteca e coa colaboración dos nosos alumnos, titor de 3º e 4º de primaria, elaboramos un xogo de mesa moi divertido.
A nosa mascota, a Araña Maraña, perdeu a cámara de fotos nun dos albergues polos que pasou da Vía da Prata. Grazas ás pistas que os alumnos van recollendo a través das casillas e dos códigos QR, descifrarán o nome do albergue onde se atopa a cámara.



Os alumnos participaron no deseño do taboleiro, pintado das casillas, das fichas cos seus avatares..
Éste é o resultado.


martes, 24 de mayo de 2016

Semana Das Letras Galegas

Este é o resultado final: Escanea os códigos QR e escoita os poemas de Manuel María da voz dos nosos alumnos.

martes, 10 de mayo de 2016

Homenaxe a Miguel de Cervantes

Durante a Semana do Libro, os alumnos de primaria participaron nunha lectura colectiva de "Don Quijote de la Macha". Como recoñecemento, recibiron un pequeno agasallo:

jueves, 5 de mayo de 2016

O noso MURAL DO MES DE MARZO


Semana da Prensa, Día da Árbore, Día da Muller, Día da Meteoroloxía, ...foron diferentes celebracións nas que participaron os nosos alumnos. Así se plasmou no noso Periódico Mural do mes de Marzo.


DEBUXOS DAS MOCHILAS VIAXEIRAS

As nosas mochilas viaxeiras seguen a súa andaina polas casas dos nosos alumnos.
Estos son algúns debuxos que nos mandan sobre algún conto que lles gustou.

Obradoiro de Robótica, Biblioteca Municipal de Vilar de Barrio

O pasado venres, parte dos nosos alumnos participaron nun Obrairo de Robótica convidados pola Biblioteca do noso concello, Vilar de Barrio. Nesta actividade os alumnos mostraron as súas habilidades para montar un pequeno robot, ó memso tempo que deseñaron unha plantilla pola que se puido desprazar. Foi todo un éxito!!!