Feeds RSS
Feeds RSS

jueves, 30 de noviembre de 2017

VISITA DO ESCRITOR E ACTIVISTA XABIER DOMÍNGUEZ

O xoves pasado, 23 de novembro, tivemos no noso cole unha agradable visita: Xabier Domínguez Pérez, unha persoa referende para todos nós. Xabi é antigo alumno deste colexio, antigo alumno de prácticas de maxisterio no noso centro, escritor e activista nunha Asociación chamada MEU REI que se centra na axuda á INFANCIA.
Xabier, falounos un pouco do seu conto "A SUPERAVOA DE ANTÓN".

 Ademáis disto, contounos a importante labor que está a facer MEU REI, axudando aos nen@s en diferentes países do mundo como : Camboia, Colombia,... Ó ano pasado, Xabi animou ó noso centro a participar nunha campaña de recollida de tapóns e aproveitou esta visita para explicarnos que é o que se fai con eles. Os nosos alumn@s desfrutaron da charla de Xabi e moi ledos, axudáronlle a cargar no coche todos os tapóns recollidos, convertíndose en pequenos activistas.
Moitas grazas Xabi!! e Noraboa pola túa labor!








1 comentarios:

Javier Domínguez Pérez dijo...

Moitas grazas rapaces, un honor poder estar con vos ese ratiño. Ver o ben que estades traballando e o fermoso que estades deixando o colexio que tanto cariño lle teño éncheme de ledicia.
Grazas e calquer día volvo.
Apertas!

Publicar un comentario