Feeds RSS
Feeds RSS

miércoles, 14 de febrero de 2018

TI SABÍAS QUE...? WEBQUEST PARA A RADIO ESCOLAR. DÍA MUNDIAL DA RADIO

TI SABÍAS QUE...?



INTRODUCIÓN


Que tal nenos e nenas de Vilar de Barrio? Temos un novo RETO que nos propón a Araña Maraña desde a Biblioteca. IMOS MONTAR UN PODCAST PARA PARTICIPAR NO DÍA MUNDIAL DA RADIO. O tema é O DEPORTE, e nós, teríamos que preparar un programa de radio sobre ese tema. Queres converterte nun reporteiro ou reporteira deportivo? Pois segue as instrucións, que ben seguro que nos vai a quedar moi molón!

TAREFA

Se vos animades a participar, lede con atención esta parte na que vos explicamos que é o que temos que crear entre todos: Un programa de radio no que demos resposta a algunhas preguntas interesantes relacionadas co deporte, os deportistas, os xogos olímpicos, algúns récords espectaculares ou curiosidades. Seguro que nos sorprendedes a todos e aprendemos un montón!

 PERO ANTES DE NADA FORMAREMOS VARIOS EQUIPOS:
1. INVESTIGADORES. 2. REDACTORES. 3. LOCUTORES. 4. EDITORES.

PROCESO

Para axudarvos no voso proceso de creación do podcast de radio Escolar, seguide estes pasos ONDE SE ESPECIFICA QUE TEN QUE FACER CADA EQUIPO:

1. ( Investigadores) A vosa labor é crucial! Consultade o documento que atoparás na dirección de drive que tes na páxina de recursos. Neste documento atoparás consellos de cuestións sobre as que podedes investigar. Baixade o documento para poder traballar con el. A continuación, consultade as páxinas que se vos propoñen, nelas poderedes atopar as respostas, anotádeas  con boa letra para que poidan traballar os redactores.

 2. (Redactores) O seguinte paso e importantísimo, tedes que redactar o guión completo que van a ter que gravar os locutores. Seguide o guión que tedes aloxado en drive e ide elaborando todo paso a paso. Cando rematedes, corrixide o texto e pasádeo a un editor de texto. As mestras axudaranvos en todo.

 3. Que emoción! Toca gravar (locutores). Practicade ben antes de gravar e repartide o texto, hai que ter claro que parte vai ler cada un. UTILIZA A TÚA MELLOR VOZ!!!

4. Xa case o temos listo; pero este último paso é esencial para que quede ben chulo (editores). Temos que preparar o podcast utilizando audacity. Tamén é labor deste equipo, buscar as sintonías que imos utilizar en cada parte do programa. Teredes que traballar co guión que elaboraron os vosos compañeiros.

 POIS XA ESTÁ TODO, AGORA TODOS A TRABALLAR NA RADIO!!!

RECURSOS

Neste apartado podedes atopar algúns enlaces de interés para a vosa labor de investigación.

Enlaces con información: 


Enlaces aos documentos para o traballo:


AVALIACIÓN

Para saber se estamos a traballar ben e avaliarnos, podedes utilizar a rúbrica que atoparedes no enlace dos recursos. 
Tamén ides gardar nunha carpeta todos os documentos que creedes no voso traballo.
E non vos esquezades de sacar fotos de todo o proceso de traballo de cada grupo.

CONCLUSIÓN

Cando todo estea rematado, e o noso traballo nas ondas e na Rede, ímonos a xuntar para dialogar sobre o que fixemos. Para ter claro as vosas ideas, pedimos que cada grupo elabore un pequeno resumo - esquema. Nel tedes que incluír a vosa opinión sobre o que fixemos en conxunto, todos xuntos e sobre o resultado final, do voso traballo individual e tamén do traballo dos vosos compañeiros e compañeiras.

CRÉDITOS

Imaxes obtidas de https://pixabay.com/es/ 



Traballo elaborado polo alumnado e profesorado do C.E.I.P. Plurilingüe Vilar de Barrio.


Asinado:

A Araña maraña








viernes, 9 de febrero de 2018

ENTROIDO E ROBÓTICA, TRADICIÓN E TECNOLOXÍA


O Entroido é unha festa universal que en Galicia ten unha persoalidade propia, sobre todo na nosa provincia de Ourense, onde conservamos tradicións moi antigas desta época do ano.
Hoxe, venres 9 de febreiro, quixemos dedicarlle un tempo de lectura e documentación ó noso querido Entroido.
Quixemos facer unha homenaxe ás máscaras que por esta época aparecen nas nosas localidades, sendo consideradas estas vellas expresións do entroido tradicional como un auténtico tesouro etnográfico.

Os Felos de Maceda, as Pantallas de Xinzo da Limia, Os Cigarróns de Verín, e os Peliqueiros de Laza, os Vergalleiros de Sarreaus, e algún máis que descobrimos.
Desde a biblioteca, a nosa mascota propúxonos unhas lecturas e despois convidounos a xogar e recordar o aprendido cos nosos escornabots: Felos, Pantallas, Cigarróns, Peliqueiros, Vergalleiros, Boteiros… están presentes nas nosas plantillas.
VIVA O ENTROIDO!!









martes, 6 de febrero de 2018

ESCORNABOTS E EMOCIÓNS


Esta mañá, os alumn@s de 1º de primaria, estivemos a xogar e reflexionar sobre as Nosas Emocións. Para elo empregamos, unha plantilla feita coas nosas propias fotos e unhas tarxetas. Nas seguintes fotos tedes un pequeno resumo.






lunes, 5 de febrero de 2018

XORNADA DE FORMACIÓN DE RADIO NA BIBLIOTECA

OBRADOIRO DE RADIO NA NOSA BIBLIO!!
O pasado xoves, 1 de febreiro, tivemos unha xornada moi especial na nosa escola.

.

Todo o profesorado e alumnado do noso centro puidemos asistir a un Obradoiro de Radio na biblioteca. Para elo, contamos coa colaboración dun dos membros de Ponte...nas ondas!, Xerardo e, Damián Alonso, actor de voz e dobraxe.

PONTE…NAS ONDAS! é unha Asociación Cultural e Pedagóxica que, desde 1995, realiza actividades educativas e culturais en Galicia e no Norte de Portugal.





Na xornada da mañá, Damián Alonso descubriunos o mundo do dobraxe e deunos a coñecer as nocións de dicción, vocalización e modulación da voz para levar a cabo unha boa interpretación
Despois dun descanso, xa na biblio, os maiores do cole asistiron á formación do programa de código aberto Audacity, gravación a través do ordenador, técnicas para crear un podcast atractivo, elaboración dun guión e dunha escaleta...
E pola tarde, Xerardo de Ponte...nas ondas! explicounos en que consistía a montaxe dunha emisora, que aparellos fan falta, as conexións, ... Tamén falounos da estrutura dunha emisión: da sintonía, dos cortes de voz, ...
Finalmente, rematamos a xornada poñendo en práctica o aprendido e creando a nosa primeira emisión de radio na Biblioteca da Araña Maraña coa colaboración de todo o alumnado. Todo un éxito!
A continuación tedes un pequeno resumo:






Día da Paz

Ola amig@s!! O pasado martes, 30 de xaneiro, a Araña Maraña quixo celebrar con nós o Día da Paz.
Ò longo do día tivemos diferentes actividades:
- As nosas encargadas da biblioteca convidáronnos a desfrutar da lectura duns contos.


-Entre tod@s, decoramos a Árbore da Paz que debuxou a nosa profe de música, titora dos maiores do cole. Os nosos mandalas de Paz representan os froitos da nosa árbore, símbolo da importancia de convivir en Paz e Respecto.



- Ademáis, a Robótica tamén estivo presente. Comprobamos como un robots seguiron a traxectoria das letras da palabra PAZ que fixemos nun mural.  E cos pequenos de primaria, xogamos cos nosos escornabots. Nesta ocasión traballamos as EMOCIÓNS nunha plantilla decorada coas nosas fotos onde intentamos representar diferentes emocións como o amor, a alegría, a tristeza, o medo, a soidade, ...




A nosa compañeira Manu, titora dos maiores de primaria, elaborou un vídeo, contando con todos os alumnos, onde nos recordan, os bos feitos que podemos por en práctica no día a día para lograr unha boa Convivencia. Para poder velo, pincha no seguinte enlace:



A continuación podedes ver un resumo da xornada no seguinte vídeo: