Feeds RSS
Feeds RSS

lunes, 21 de mayo de 2018

LETRAS GALEGAS 2018

LETRAS GALEGAS 2018
Mª Victoria Moreno

Ó longo destas semanas, o alumnado do CEIP-P. Vilar de Barrio, estivo a coñecer a vida e obra de Mª Victoria Moreno. A continuación mostramos algúns dos nosos traballiños. Desexamos que vos gusten!






Tatiana e Alba, nos contan curiosidades da vida desta escritora. Pincha no seguinte podcast e poderás escoitalas!

Tamén os máis pequenos de primaria, nos leron algunhas das súas poesías:


Os pequenos do cole, o alumnado de Infantil, viron un vídeo feito polos nenos e nenas do colexio San Pío X de Ourense. Tamén resolveron actividades dun LIM na pizarra dixital e fixeron as actividades propostas na Unidade Didáctica feita polo CEIP-Xesús Luís Romero de Carballo, centro selecionado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.









O alumnado de 1º,2º e 3º de primaria elaborou un cartaz co lema EN GALEGO MOLA, facendo nubes de palabras galegas que eles escolleron. Tamén desfrutaron  pintado unha caricatura da autora homenaxeada: Mª Victoria Moreno.








AS NOSAS LETRAS NA PRENSAOs maiores do cole estiveron a investigar a través da prensa a vida e obra de Mª Victoria. Ó longo destes días estiveron a revisar a información publicada nos xornais sobre a autora. E con toda esta información fixeron un cartaz. A continuación podedes ver o proceso e o resultado:







Ademais, fixeron a Unidade Didáctica proposta pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta en formato dixital. Para completala, axudáronse da lectura dos carteis expostos no corredor.



0 comentarios:

Publicar un comentario